Benvidos á páxina de quinto! Chegar ao terceiro ciclo de primaria é un paso emocionante e ao longo deste curso ides ter moitísimas oportunidades de poñer en práctica os coñecementos de todos estes anos e facer creacións propias, resolver problemas e planificar proxectos. Aquí poderedes atopar máis información sobre os contidos de cada área e diferentes exercicios e xogos para poñelos en práctica.